Pepe e a Vespa Velutina

O Proxecto

Pepe e a Vespa Velutina  responde á necesidade de ofrecer unha visión completa da problemática da avespa asiática en Galicia. A historia de Pepe, como moitas outras, só reflexa unha única porción do conflito: a dos pequenos apicultores desesperados por protexer as súas colmeas. O acontecido na Casa de Galatán é o capítulo dunha historia moito maior e cuxo final está aínda por escribirse.

Dende o principio, a nosa intención foi a de contar con todas as partes implicadas no asunto. Por iso, buscamos configurar un amplo espectro de experiencias distintas e nalgúns casos, contrarias entre si. Institucións, expertos, investigadores, servizos de emerxencia e retirada de niños, apicultores e demais afectados conforman o esqueleto testemuñal deste proxecto.

Neste sitio web atoparás información sobre a Vespa velutina presentada a través de diferentes medios e formatos cos que, nalgúns casos, terás a opción de interactuar. Descubre, goza, aprende e participa!

Daniel Vázquez Fernández

Ángela Taboada González

De Boiro e Baiona. Galegos. Graduados en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e estudantes do Máster en Documental e Reportaxe Xornalístico Transmedia da Universidade Carlos III de Madrid. Pepe e a Vespa Velutina é o producto resultado da nosa formación e da necesidade de visibilizar este problema.